02 Xuñ Convocatoria de Xunta Xeral Ordinaria 17-06-2014
Segundo o aprobado na reunión da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia ( COMG) celebrada con data 28/01/2014, e en cumprimento do artigo 16 do Regulamento para o Réxime Interior ( RRI), o Presidente acorda convocar Xunta Xeral Ordinaria o vindeiro martes 17 de xuño; no Hotel Os Abetos de Santiago de Compostela, rúa San Lázaro s/n (ver ubicación).
A Xunta Xeral Ordinaria da COMG terá lugar ás 10:30 h en primeira convocatoria e 11:00 h en segunda, coa seguinte Orde do Día en virtude do artigo 14 do RRI:
1º. Lectura e aprobación, se procede, das actas das Xuntas Xerais Ordinaria e Extraordinaria do ano 2013.
2º. Informe do Presidente. Resumo dos acontecementos máis importantes do ano 2013.
3º. Lectura, discusión e votación da conta xeral de ingresos e gastos do ano 2013.
4º. Aprobación, se procede, da xestión da Xunta Directiva.
5º. Aprobación das cotas ordinarias e extraordinarias necesarias para o sostemento dos gastos xerais.
6º. Aprobación, se procede, do orzamento de ingresos e gastos para o ano 2014.
7º. Altas e baixas como socios electores e elegibles. Elección para cargos vacantes da Xunta Directiva, se procede.
8º. Rogos e preguntas.
Achégase extracto do RRI no relativo a convocatoria de Xuntas Xerais, e o formulario de alta na condición de socio elector ou elegible.