minaria-sostible-mineros

Confedem e Minaría Sostible de Galicia organizan ‘A minaría, motor do desenvolvemento social’

O próximo 25 de setembro terá lugar en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura (Sala CINC) ‘A minería, motor do desenvolvemento social’. Trátase dun foro de reflexión sobre o potencial das reservas minerais en Galicia e o seu aproveitamento en beneficio do desenvolvemento e o benestar, co obxectivo de achegar a importancia do sector extractivo á sociedade.

O encontro é unha iniciativa da Confederación Nacional de Empresarios de la Minería y sw la Metalurgia (Confedem) e a plataforma Minaría Sostible de Galicia e enmárcase dentro dos actos que se celebrarán con motivo do Día Europeo dos Minerais.

Co obxectivo de poñer en común voces e opinións provenientes de diferentes ámbitos económicos e sociais, a xornada desenvolverase en forma de mesas redondas nas que estarán presentes membros de empresas, clústers e asociacións do sector extractivo, representantes dos diferentes grupos parlamentarios da comunidade, portavoces sindicais, alcaldes de concellos nos que a actividade mineira ten un gran peso e representantes de universidades e colexios profesionais.

Saber máis: https://minariasostible.gal/jornada-mineria-motor-desarrollo-social/