ORGANIZACIÓN

A organización da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) está recollida no Capítulo II do seu Regulamento de Réxime Interior. Os órganos de goberno da Cámara son a Asemblea, a Xunta Directiva e o presidente.

Asamblea

A asemblea é o órgano supremo de goberno e representación da COMG. Forman parte das persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades mineiras, incluída a restauración do espazo afectado e o tratamento de residuos mineiros, dentro do ámbito territorial de Galicia.

Xunta Directiva

A Xunta Directiva é o órgano permanente de xestión, administración e proposta da COMG. Os seus membros (non menos de 10 e non máis de 40) son elixidos entre todo o electorado da COMG, clasificado en grupos e categorías, segundo determine a asemblea, de forma que teñan representación todos os intereses mineiros. Os cargos de presidente, vicepresidente 1º, vicepresidente 2º, tesoureiro e contador son elixidos polos membros da xunta directiva.

A Xunta Directiva elixiu o 30 de xuño de 2020 os seguintes cargos:

PRESIDENTE

D. José Lista Tasende
Lista Granit S.A.

Vicepresidente 1º

D. Mónica Rodríguez López
Porriñesa de Canteiras

Vicepresidente 2º

D. Juan José López Muñoz
Caolines de Vimianzo S.A.U.

Tesoureiro-Contador

D. José Luis López Piñeiro
Áridos do Mendo S.L.

DIRECTOR

D. Miguel Ángel Fortúnez Garea

Personal

Secretaria accidental e administración: Dª. Eva Barrientos Murias

Corresponden ao presidente as seguintes atribucións:

  • Convocar e dirixir as sesións da Asemblea, da Xunta Directiva e de calquera outro
    órgano da Cámara.
  • Executar os acordos dos órganos colexiados da Cámara.
  • Asumir e levar a representación da Cámara nos actos oficiais.
  • Representar á Cámara en actos xurídicos.

A COMG conta con comités de traballo que se encargan de cuestións específicas.

Comité de Normas

Ten a encomenda de realizar un seguimento do proceso de tramitación de novas normas e do proceso de implantación daquelas recentemente aprobadas que poidan ter incidencia no sector mineiro galego.

Comité de Información

Ten a función de mellorar o coñecemento e a imaxe social do sector, así como establecer as directrices de comunicación, tanto externa como interna.

Comité de Patrimonio e Historia

Ten a función de pór en valor o patrimonio xeolóxico e mineiro de Galicia a través de iniciativas de divulgación e promoción.