Asemblea Ordinaria COMG de 18 de abril de 2024
Asemblea Ordinaria COMG de 18 de abril de 2024
Segundo o aprobado na reunión da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia do 21 de marzo, o Presidente acorda convocar a Asemblea en sesión ordinaria o vindeiro xoves 18 de abril, que se levará a cabo en Santiago de Compostela, no auditorio do Feuga (Rúa de Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15705, Santiago de Compostela).
A Asemblea Ordinaria da COMG terá lugar ás 10:00 h en primeira convocatoria e ás 10:30 h en segunda convocatoria. Contaremos coa presenza de representantes da Consellería de Economía, Industria e Innovación.
Ás 12:00 h haberá un descanso para tomar un café e as 12:30 h terá lugar a xornada técnica ‘Últimas novidades normativas en materia de minas. Participación do Ministerio’, da man de Ismael Guarner Peralta, Subdirector adxunto de Minas da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Debido ao limitado número de prazas, é obrigatorio confirmar asistencia previamente enviando mail a cmg@camaraminera.org. O prazo para inscribirse remata o luns día 15 de abril.
Podes consultar o programa da Asemblea na seguinte ligazón.