12 Mai Cobre San Rafael entrega as axudas do programa ‘Terras da Xente’
Este xoves, Cobre San Rafael entrega na Sala Luís Seoane (Arca, O Pino) as axudas da convocatoria ‘Terras da Xente’.
Cobre San Rafael, empresa que promove a reactivación da produción de metais en Touro e O Pino, achegará axudas por valor de 23.000 euros a diversas asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan proxectos con valor social na comarca de Arzúa a través da primeira edición deste programa.
Ao acto de entrega acudirán diferentes personalidades e responsables públicos como os alcaldes de Touro e O Pino. Venancio Salcines, Senior Advisor, e Pablo Núñez, director de Relacións Institucionais de Cobre San Rafael, expoñerán as implicacións de ‘Terras da Xente’.
Esta iniciativa é parte do programa de Responsabilidade Social da compañía, e premiará, patrocinará e colaborará con proxectos de diversa índole que redunden na mellora da calidade de vida dos cidadáns do territorio. As iniciativas deberán ter fins sociais, educativos, culturais, ambientais ou deportivos.
A cantidade asignada a este programa distribuirase en diversos premios.