Ciclo Formativo sobre Cubrición de Edificios: lousa

Para dar resposta ás demandas do sector galego da lousa, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Asociación Galega de Pizarristas, implanta o ciclo formativo Cubrición de Edificios: lousa.
Este ciclo de grao medio e 1.165 horas de duración enmárcase na familia formativa Edificación e obra civil, e impartirase nos seguintes centros:
A Coruña: CIFP Someso ( T: 981 282 200)
Carballeda de Valdeorras: IES Sección de Sobradelo-Carballeda ( T: 988 335 093)
Para aquelas persoas que posúan titulación en ESO ou equivalente, o acceso é directo. En caso contrario, e sempre que sexan maiores de 17 anos, terán que realizar unha proba de acceso.