cementos-cosmos-oural-camara-minera

Cementos Cosmos abre as portas da súa fábrica de Oural a estudantes de Sarria

A fábrica de Cementos Cosmos de Oural recibiu en febreiro a visita de case un centenar de estudantes de secundaria e ciclos formativos de Sarria. Esta iniciativa forma parte das accións que a empresa leva a cabo para dar a coñecer a súa actividade na contorna.

En concreto, a fábrica de Oural recibiu esta semana a 70 alumnos do Instituto Gregorio Fernández, que cursan os ciclos formativos de grao medio en Mantemento, Mecanizado e Xestión Administrativa; e de grao superior en Mecatrónica Industrial e Administración e Finanzas.

Persoal técnico da fábrica acompañou aos estudantes na súa visita, na que puideron coñecer de primeira man o sistema de seguridade implantado en Oural, así como do funcionamento xeral da planta. Ademais, quen cursa mantemento, mecanizado e mecatrónica industrial puideron coñecer o día a día do departamento de mantemento.

Doutra banda, un grupo de 25 escolares de 3º da ESO do Colexio A Asunción visitaron as instalacións, acompañados por algúns dos seus profesores, e aprenderon como é o traballo diario na cementeira.