Celebrada Xornada de Contratación Eléctrica desde a AGA

  • Profesionais expertos do sector explicaron os principais conceptos con casos prácticos aplicables ao sector.
  • A xornada contou co apoio do INEGA

Debido ás múltiples consultas recibidas, e á gran importancia no sector dos áridos do custo xerado pola enerxía eléctrica, a AGA organizou a xornada: “Introdución ao funcionamento dos mercados de electricidade e os diferentes contratos eléctricos”, o pasado 18 de novembro.

A xornada contou coa presenza do Director Técnico do INEGA, Don Emérito Freire Sambade, que fixo unha exposición do estado do sector enerxético nacional e autonómico, así como unhas reflexións do mesmo. A parte técnica da xornada foi impartida por Victor Doallo, da empresa NEXUS, formador en contratación e tarificación eléctrica, cun formato eminentemente práctico e aplicable ás características do sector.