25 Set Atalaya construirá unha planta solar na mina de Riotinto
A mina de Riotinto de Huelva tendrá a central fotovoltaica con maior autoconsumo de España e será a primeira para una mina. Trátase dunha aposta ambiciosa pola sostenibilidade e a diversificación económica da comarca.
Riotinto, situada en Huelva, produciu 45.000 toneladas de cobre en 2019 e neste momento conta con 197 millóns de toneladas de reservas deste metal.
A empresa operadora desta mina de cobre é Atalaya Mining. A promotora do Proxecto Touro en Galicia aprobou o proxecto para construír a gran planta fotovoltaica dentro das súas instalacións. Tras a súa construción converterase nunha das maiores instalacións de autoconsumo industrial de España e a primeira que dea servizo nunha mina.
O investimento que levará a cabo Atalaia será de máis de 30 millóns de euros. Estímase que o proxecto se inicie a mediados do 2021. A central abarcará aproximadamente 60 hectáreas de chans mineiros históricos propiedade da compañía.
Prevese que a planta fotovoltaica reduza anualmente máis de 40.000 toneladas de emisións indirectas de CO2, equivalentes a 173.000 barrís de petróleo. É imprescindible saber que o consumo eléctrico representa o 70% da pegada de carbono da operación mineira.
Esta acción reafirma o forte compromiso que ten a empresa coa innovación, a sustentabilidade e a enerxía verde. Atalaya reforza a súa achega ás iniciativas globais que tomou ata o de agora contra o cambio climático, como o Pacto Europeo polo Clima ou os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas.
Imaxe: ABC de Sevilla