04 Out A Asociación de Traballadores Mineiros de Touro e O Pino e o ICOG traballarán xuntos por un sector sostible
A pasada semana, a Asociación de Traballadores Mineiros de Touro e O Pino e o Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos ( ICOG) alcanzaron un acordo para defender a industria e a minaría sostibles, como sector relevante para a creación de emprego e o progreso e de importante tradición na zona.
Ambas as entidades buscan contribuír ao desenvolvemento económico e social mediante unha minería sostible, así como fomentar a protección da biodiversidade, en particular en Galicia, cohesionando os ámbitos ambiental e social.
A súa principal meta é a defensa do traballo no sector mineiro, e buscan poñer de manifesto a sustentabilidade e compatibilidade social e ambiental da minaría con outros sectores primarios da economía que tamén se desenvolven na zona.