30 Xuñ Asemblea Xeral da Asociación de Balnearios de Galicia
A Asociación de Balnearios de Galicia celebrou a súa Asemblea Xeral o 25 de xuño na Cidade da Cultura de Santiago, coa presenza do seu presidente, Antonio Garaloces, director do Balneario de Lugo.
No transcurso da sesión fíxose un repaso ás actividades realizadas durante o ano 2014 e tratáronse os diferentes proxectos que se van a levar a cabo ao longo deste exercicio para poñer en valor o sector termal galego no campo nacional e tamén no mercado internacional.
A Asociación naceu en 1985 e na actualidade está integrada por un total de 19 balnearios das catro provincias.