covid-empresas-mineras (1)

As medidas para a xestión do Covid-19 que afectan ao sector mineiro

Sharing is caring!

As distintas medidas tomadas polo Goberno de España para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19 afectan aos profesionais e ás empresas mineiras. Trátase de medidas excepcionais:

  • Con respecto ás medidas preventivas de carácter colectivo ou individual, corresponden ao servizo de prevención da empresa, seguindo as pautas e recomendacións formuladas polas autoridades sanitarias.
  • Co fin de concentrar os recursos do Sector Público nas actividades esenciais para o funcionamento do Estado, á vez que se preserva a integridade e saúde dos empregados públicos, o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma estipula a suspensión dos prazos procesuais e administrativos, así como os de prescrición e caducidade dos prazos legais para o exercicio de todo tipo de accións.
  • Con respecto ás medidas laborais, a Real Decreto-lei 6/2020, do 10 de marzo, considera, con carácter excepcional, accidentes de traballo, no que corresponde unicamente á prestación económica de incapacidade temporal do sistema de Seguridade Social, aqueles períodos de illamento ou contaxio das persoas traballadoras provocado polo virus COVID-19. Por tanto, toda situación de illamento ou contaxio decretada pola autoridade competente (Inspección médica para as situacións de illamento ou confinamento e facultativos do sistema nacional de saúde, para as situacións de contaxio) será considerada accidente de traballo a efectos de cobranza das prestacións.
  • Tamén existen outras medidas laborais que permiten unha menor concentración de empregados no centro de traballo e, consecuentemente, minimizar o risco de propagación e infección do virus, tales como o teletraballo, a modificación ou creación de quendas, permisos retribuídos ou non retribuídos, acordo sobre vacacións ou distribución irregular de xornada.

Máis información do ISSGA sobre a prevención do coronavirus no traballo