26 Out As empresas mineiras galegas participan no ‘Catálogo de Recursos Naturais de Galicia’
O Catálogo de Recursos Naturais de Galicia é un proxecto liderado pola Cámara Oficial Mineira de Galicia e a Axencia Galega de Innovación, e cuxo obxectivo é investigar, catalogar e promocionar os recursos minerais dos que dispoñemos en territorio galego.
Esta iniciativa ampliará a Materioteca de Galicia, unha exposición e arquivo de materiais que buscan impulsar a innovación intersectorial, a innovación e a competitividade a través de produtos e solucións de alto valor engadido.
As empresas mineiras galegas participan neste proxecto, achegando o seu coñecemento e as súas materias primas e produtos. Durante as últimas semanas a directora da COMG, Arantxa Prado e parte do seu equipo técnico visitaron algunhas destas compañías – Richinol (Canteiras ARE), Áridos do Mendo, Canteira de Pescas (MYHNOR), Planta de Laracha de Cerámica Campo e Mina Serrabal (Rocas, Arxilas e Minerais, S.A.)- que entregaron as súas mostras para a exposición que se está preparando en CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol.