directrices-del-paisaje

As ‘Directrices da Paisaxe’ de Galicia entrarán en vigor no primeiro trimestre do 2021

As Directrices da Paisaxe foron aprobadas polo Goberno Galego a finais do 2020. Trátase dunha serie de normas ambientais de obrigado cumprimento para os diferentes proxectos que se aproben na comunidade galega unha vez entradas en vigor.

Entre as medidas que afectan o sector mineiro, establécese que nas Áreas de Especial Interese Paisaxístico (en Galicia hai 313 puntos que ocupan o 9,2% do territorio, un total de 2.700 km2) pódese levar a cabo a instalación dunha mina ou canteira cunha xustificación moi detallada, xa que “de entrada é un non”

Outro dos puntos principais destas normas é a obrigatoriedade de retirar os carteis das obras públicas do lugar no que estean situados unha vez finalizadas as actuacións.

Normas que entrarán en vigor neste primeiro trimestre do 2021.