Carolina_Rubirosa_canteras_Casaio1

As canteiras de pizarra de Casaio reaparecen no mundo audiovisual

As canteiras de lousa de Casaio en Carballeda de Valdeorras, serán protagonistas da última canción da coruñesa Carolina Rubirosa. Esta cantante foi a autora da canción ‘Ou teu camiñar’,  tema do vídeo promocional do Camiño Inglés.

A canción ‘Terra de ninguén‘ é a elixida para ser gravada nas canteiras de Casaio. A súa autora Carolina buscaba unha paraxe que ofrecese unha paisaxe descoñecida e peculiar: “É moi bonito. Ten unha serie de texturas e cores que o fan moi plástico”. No videoclip aparecerán nun 95% estas canteiras de lousa e o 5% restante gravarase na Ribeira Sacra, unha forma de poñer en valor e integrar o patrimonio natural e o industrial do sur de Galicia.

Hai uns días a protagonista foi a visitar as canteiras con Iago Vilarinho que, será o encargado da fotografía do videoclip, e o director Xaime Miranda.

Durante o percorrido polas canteiras en busca das localizacións, Carolina foi acompaña polo persoal especializado da Agrupación industrial da Lousa. O videoclip empezarase a gravar a principios do mes de outubro co respaldo da Deputación Provincial. E estímase que vexa a luz a finais dese mesmo mes.

Non é a primeira vez que estas canteiras de lousa son protagonistas nos medios audiovisuais, debido a que, no ano 2014, rodouse nunha delas o anuncio da campaña Volvo Trucks’ s Live Test, no que pode verse a un hámster conducindo nunha explotación de Casaio. Este anuncio recibiu un dos premios de publicidade en Cannes Lions.

Imaxe: La Voz de Galicia