Webinar arigal web

Arigal organizou o webinar ‘Prevención de riscos laborais en episodios de altas temperaturas’

Arigal celebrou coa colaboración de Ibersys a xornada en liña ‘Prevención de riscos laborais en episodios de altas temperaturas’ este xoves.

Durante a sesión explicáronse as claves sobre a avaliación de riscos vinculados a altas temperaturas e exposición solar, así como as recomendacións de prevención laboral neste contexto no sector da industria extractiva dos áridos.

Esta formación enlázase coa aprobación en Consello de ministros, o pasado 7 de xuño, da Real Decreto Lei 4/2023, que introduce unha modificación do regulamento de prevención de riscos laborais a través da cal se prohibirá o traballo ao aire libre cando haxa alerta vermella ou laranxa por altas temperaturas declarada pola AEMET.