Directora COMG

Arantxa Prado Santiago, nova directora de Cámara Oficial Mineira de Galicia

Arantxa Prado Santiago incorpórase como nova directora da COMG. O día 14 de xuño, a Xunta Directiva da entidade, reunida de maneira extraordinaria, deu o visto e prace á súa elección por unanimidade.

A nova directora é licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo e conta cun máster en Dirección e Xestión de RRHH e unha especialización en Asesoramento Financeiro. Chega á COMG tras unha longa traxectoria no sector da banca e en xestión de equipos e empresas.

Arantxa Prado ten por diante retos e oportunidades, xa definidos pola Xunta Directiva, co obxectivo de dar a máxima visibilidade á COMG, avanzar no recoñecemento e os servizos da entidade; e obter os mellores resultados para o beneficio do sector mineiro, dos seus membros e asociados.