25 Mar Alberto Núñez Feijóo defende as propostas dos enxeñeiros galegos como motor para o progreso
O CGES (Consello Galego de Enxeñerías) é unha entidade que agrupa aos colexios de enxeñeiros de Galicia e representa a máis de 5.000 profesionais entre os que se atopan enxeñeiros de minas. O CGES, mediante Medidas desde a enxeñería para o desenvolvemento de Galicia, un manifesto de 20 liñas estratéxicas e máis de 100 propostas, reforza o seu compromiso co desenvolvemento e a vertebración do territorio. Un documento defendido polo presidente @de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que subliñou a importancia das propostas presentadas polos enxeñeiros galegos para continuar traballando en liñas que fagan progresar a Galicia.
Durante a presentación do documento o pasado 22 de marzo, Feijóo subliñou a importancia das propostas e incidiu na importancia de facer país a través da colaboración e do traballo conxunto, camiño que esta marcando o CGES, unha amálgama de colectivos profesionais que decidiu unirse nunha entidade máis ampla coa única vontade de contribuír á construción da Comunidade.
Feijoó sinalou que este texto xa foi trasladado á Consellería de Facenda, a efectos de que se tome nota das propostas. E subliñou a importancia de actos como este, onde Galicia demostra que ten o seu propio modelo, con potencial para ser punteira en diversos sectores, moitos deles nos que a enxeñería ten un papel preponderante.