Nuevo director de Arigal

Aitor Puente Cabo, novo director de Arigal

A Xunta Directiva de Arigal aprobou o pasado 8 de marzo un cambio de dirección na Asociación de Áridos de Galicia. Decidiuse por unanimidade o nomeamento de Aitor Puente de Cabo en substitución de Carlos Martínez Torres.

Aitor Puente de Cabo é Enxeñeiro de Minas pola Universidade de Vigo (2014), ten un master en Seguridade e Saúde e chega á asociación tras pasar por empresas de áridos e doutros subsectores. Substitúe no posto a Carlos Martínez Torres, tamén enxeñeiro de Minas pola UVigo, que estivo á fronte de Arigal desde 2013.

Nunha nota aos seus asociados, Alberto Novoa, presidente de Arigal, explicou así o cambio: “Como presidente de Arigal, só podo agradecer a Carlos Martínez Torres a súa profesionalidade e dedicación durante estes anos. O balance do seu paso pola nosa organización só pode valorarse como moi positivo. Por iso, desexámoslle a maior das sortes no seu futuro profesional”.