Aberta a preinscrición nos cursos de formación preventiva

A Cámara Oficial Mineira de Galicia abriu a preinscrición no seu programa de cursos de formación preventiva para 2016, que se vai a desenvolver durante os meses de maio e xuño. Trátase así de satisfacer as necesidades formativas das empresas e de facilitar o acceso dos traballadores a estes cursos, xa que a tipoloxía e lugares das sesións organizaranse en función da demanda recollida nos formularios de preinscrición. O prazo de solicitude finaliza o 20 de abril.

A previsión da Cámara é impartir cursos iniciais e de reciclaxe, segundo o disposto na ITC 02.1.02 Formación preventiva para o desempeño do posto de traballo. As sesións están dirixidas a operadores de maquinaria de transporte, camión e volquete; a operadores de maquinaria de arranque/carga/viarios, pa cargadora e escavadora hidráulica de cadeas; a traballadores de arranque, investigación e mantemento en exterior e a traballadores de plantas e oficinas.

Por outra banda, segundo a demanda detectada en anos anteriores, prevese tamén organizar diversos cursos sobre outras cuestións de interese en materia de seguridade e saúde. Nesta liña figuran sesións sobre a protección dos traballadores contra o po e o ruído na industria extractiva; primeiros auxilios e mantemento e riscos eléctricos en instalacións mineiras.

Para facilitar a preinscrición, a Cámara Oficial Mineira de Galicia xa difundiu o pasado 5 de abril una circular entre os seus membros con información sobre os cursos e o formulario de solicitude que deben cubrir as empresas interesadas en participar nestas accións formativas, e que podes descargar na parte superior da páxina.