mina-noia

A Xunta de Galicia e o Concello de Noia encomendan á COMG e ao ICOG a localización das antiguas labores mineiras da Barquiña

Sharing is caring!

O pasado martes 22 de outubro, tivo lugar na Barquiña (Noia) unha xornada informativa sobre os traballos de localización de antigos labores mineiros e zonas de recheo que se están levando a cabo na zona.

Os veciños do concello de Noia reuníronse co seu alcalde, Santiago Freire, co concelleiro de Obras, Martín Fernández, e con representantes da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Diego López, e do Ilustre Colexio de Xeólogos, Pablo Núñez; para coñecer de primeira man as características do seu chan e os futuros labores de investigación que levarán a cabo na zona.

Esta análise levará a cabo a raíz do afundimento dun galpón en agosto do ano pasado na leira dunha veciña da Barquiña.

Aínda que A Barquiña coincide coa Franxa Malpica-Tui, caracterizada pola presenza de rochas moi duras, na zona levaron a cabo labores mineiros para a extracción de wolframio entre os anos 40 e 60. Por iso, tras o derrube, o Ilustre Colexio de Xeólogos e o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME) realizaron varias inspeccións comprobando que baixo a construción se situaba unha zona de recheo da antiga explotación mineira.

Tras a obtención dos resultados da análise, por recomendación da COMG e do ICOG, o concello de Noia procedeu ao arranxo da zona afundida e á súa tapiado.

Para documentar todos os labores mineiros e localizar as zonas de recheo, a Xunta de Galicia (a través da Dirección Xeral de Enerxía e Minas) e o Concello de Noia encomendaron á Cámara Oficial Mineira de Galicia e á o Ilustre Colexio de Geólogos o estudo exhaustivo da zona para que o concello poida dispoñer destes datos e os teña en conta á hora de planear futuras construcións.

Para identificar estas zonas utilizarase un xeorradar cun alcance de 200 metros de profundidade que permitirá identificar zonas de recheo e galerías mineiras, podendo crear un modelo 3D sen necesidade de perforar o terreo.

A xornada informativa serviu para facer partícipes aos veciños dos datos solicitados ata o momento, dos traballos de análise que se van a levar a cabo, así como para solicitar permisos de exploración nos seus terreos e pedir toda aquela información da que dispoñan.