mina-mercedes-laguna-web-02

A rehabilitación de Mina Mercedes, un exemplo de biodiversidade

O espazo dunha antiga explotación ao descuberto de arxilas en concello de Valga (Pontevedra) é agora a maior lagoa de orixe non natural da provincia cunha extensión duns 300.000 metros cadrados.

Desde 2012 este lago converteuse nun coto de pesca sen morte para colectivos como maiores e persoas con discapacidade.

O pasado xoves 500 exemplares de troita foron soltadas á lagoa para repoboar este ecosistema rico en especies vexetais e animais. A iniciativa, levada a cabo pola Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, é apoiada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia e o IGME (Instituto Xeolóxico e Mineiro de España), que destacan a Mina Mercedes como un exemplo de recuperación do espazo en beneficio da biodiversidade e da sociedade.