pavimento-granito

A Fundación Centro Tecnolóxico do Granito celebrou unha xornada sobre pedra natural e colonización biolóxica

Esta mañá, a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito organizou unha xornada sobre a pedra natural e colonización biolóxica en colaboración con GEMAP (Grupo de Estudos ambientais aplicados ao Patrimonio natural e cultural) da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta xornada forma parte dunha serie de iniciativas que a Fundación está a desenvolver para divulgar aspectos técnicos de interese sobre a pedra natural. Así, durante o encontro, os asistentes puideron profundar en novos coñecementos técnicos sobre a pedra natural en xeral e o granito en particular.

Foron varios os temas tratados como as variacións do aspecto da pedra natural debidas á presenza de líquenes ou fungos, a biorreceptividade das rochas graníticas e as medidas para mitigala.

A xornada finalizou cun coloquio aberto no que os asistentes expuxeron as súas dúbidas e valoracións sobre o tema.