A Federación de Áridos convoca os Premios Nacionais FdA de Desenvolvemento Sostible en Canteiras e Graveiras

A industria dos áridos está a levar a cabo un importante esforzo por aplicar os principios do desenvolvemento sostible nas súas empresas (explotacións mineiras ao descuberto, plantas de tratamento, etc.). Entre as súas iniciativas atópanse os Premios Nacionais FDA de Desenvolvemento Sostible en Canteiras e Graveiras da Federación de Áridos, para fomentar e dar difusión ás boas prácticas do sector.

Estes galardóns, que se entregarán no VI Congreso Nacional de Áridos en maio de 2021, teñen como obxectivo promover unha correcta xestión dos aspectos que integran o desenvolvemento sostible –medio ambiente, social (incluíndo a prevención de riscos laborais) e economía, sen esquecer a conservación da biodiversidade- nas diferentes etapas do proceso de produción de áridos e fomentar, entre as Empresas Membro e Empresas Membro Adherido das Asociacións que integran a FDA, o compromiso coa contorna social e as xeracións futuras. Os premios abordan as seguintes categorías:

Premios de excelencia:

  • Medio Ambiente
  • Social
  • Economía da produción

Premios e certificados:

  • Restauración
  • Boas prácticas medioambientais
  • Biodiversidade
  • Comunicación
  • Innovación
  • Economía e valor engadido
  • Boas prácticas
  • Participación da comunidade local
  • Seguridade e saúde

Así mesmo, cada un dos premios contará á súa vez con dúas categorías, unha para pequenas empresas (menos de 25 traballadores) e outra para grandes.

As empresas membro interesadas poderán presentar as súas candidaturas ata o 31 de xullo.

Máis información: https://aridos.info/wp-content/uploads/2020/03/Bases_PDS_2020_5.pdf