A ETSE de Minas crea unha aplicación para concienciar da relevancia dos recursos naturais

A Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas de Vigo vén de poñer en marcha a aplicación A carreira con máis recursos, creada para concienciar da relevancia dos recursos naturais. Trátase dun xogo educativo que se pode descargar gratis para dispositivos móbiles e tablets a través desta ligazón.

O reto consiste en recargar a batería dun coche eléctrico en diferentes etapas, conseguindo unha enerxía virtualmente inesgotable. Para conseguilo, fai falta estar pendente das mareas, para obter a enerxía mareomotriz; dos raios do sol, que se deben dirixir a paneis solares; dos refachos do vento, que hai que levar cara aos aeroxeradores eólicos ou da enerxía que mana da terra, que se aproveita cos sistemas geotérmicos. Para superar as etapas do xogo, os recursos non deben interferir entre si, pois a non utilización da enerxía dispoñible implicará o uso de enerxías convencionais que provocan unha emisión de CO2.

A iniciativa nace como unha prolongación das actividades da Semana da Ciencia desenvoltas o pasado novembro na ETSE de Minas, e nas que colaborou a Cámara Oficial Mineira de Galicia.