concurso-escuela.minas

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía de Vigo lanza varios concursos para o curso 2019-2020

Co fin de facer partícipe da realidade do sector extractivo e enerxético ao conxunto da sociedade, a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo convoca varios concursos para o futuro curso 2019-2020:

ENFOCA. RME 2019

Trátase da terceira edición do concurso de fotografía que xira ao redor do tema dos recursos mineiros e enerxéticos, patrocinado pola Cámara Oficial Mineira de Galicia. A inscrición é libre e está aberta ao público en xeral.

A data límite de envío de fotografías é o 20 de novembro e a entrega de premios realizarase na primeira semana de decembro na EME.

Máis información: http://minasyenergia.uvigo.es/gl/escola/divulgacion/concurso-fotografico

ESCAVA. RME 2020

Está dirixido a estudantes de 3º e 4º de ESO, de 1º e 2º de Bacharelato e a alumnos de ciclos formativos. Os mozos poderán profundar nos seus coñecementos en pneumática, hidráulica ou robótica mediante a construción dun equipo capaz de remover e cargar area. Os interesados deberán enviar a inscrición antes do 1 de decembro, mentres que o concurso e a entrega de premios celebraranse na EME o 3 de abril de 2020.

Máis información: http://minasyenergia.uvigo.es/es/escuela/divulgacion/construye-a túa-escavadora

CURTAMETRAXES ENERXÉTICAS 2020

Este concurso está dirixido ao público en xeral. Os interesados deberán presentar unha curtametraxe de 5 a 10 minutos no que se reflictan temas relacionados con enerxía eficiente, reciclaxe, desenvolvemento sustentable ou enerxías renovables. As curtametraxes deberán ser enviados á EME nun CD ou a través dun programa de transferencia de arquivos á dirección de mail eme@uvigo.es antes de 20 de marzo do ano que vén. Tanto a presentación e proxección das curtametraxes, así como a entrega de premios levará a cabo o 3 de abril do 2020.

Máis información:
http://minasyenergia.uvigo.es/es/escuela/divulgacion/cortometrajes- energeticos

ENERXIZA. RME 2020

Un concurso destinado a alumnos de 3º e 4º da ESO, de Bacharelato e de ciclos formativos que poderán mostrar os seus coñecementos en pneumática, hidráulica, robótica e recursos enerxéticos a través da construción de maquetas interactivas, podendo escoller entre dous temas: vivendas eficientes ou centrais e plantas de enerxías renovables. Os equipos de estudantes poderán enviar a súa inscrición ata o 31 de xaneiro, mentres que a data de celebración do concurso será o 5 de xuño de 2020, coincidindo co Día Internacional do Medio Ambiente.

Máis información: http://minasyenergia.uvigo.es/gl/escola/divulgacion/construe-a-tua-maqueta-eficiente