
30 Xan A directora e a responsable da Oficina Técnica da COMG participarán nunha xornada técnica sobre os concursos de dereitos mineiros en Galicia
O próximo xoves, 6 de febreiro, entre as 10:00h e as 14:00h, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela), terá lugar a xornada técnica ‘Concursos de Dereitos Mineiros en Galicia’, organizada pola Subdirección Xeral de Recursos Minerais e dirixida ao sector mineiro galego.
Durante o encontro, os posibles solicitantes poderán coñecer todos os detalles sobre as catro convocatorias, unha por provincia, de dereitos mineiros declarados caducados publicadas nas últimas semanas pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
Por parte da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), participarán a directora, Arantxa Prado, quen formará parte dunha mesa redonda, na que tamén estarán presentes outros profesionais do sector; e a responsable da Oficina Técnica, Irene Pérez, quen acompañará a Diego Casal, Subdirector Xeral de Recursos Minerais, na presentación das utilidades do visor SIX do concurso de dereitos mineiros.