01 Out A COMG pon a exposición pública o borrador de novo RRI
A Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia ( COMG), en reunión ordinaria de 15/09/2015, aprobou o Borrador de Regulamento para o Réxime Interior da COMG elaborado polo Comité designado para o efecto. Ademais da adaptación do regulamento da COMG aos novos requisitos legais, este Borrador ten entre os seus obxectivos a mellora da representatividade dos distintos axentes que forman o sector mineiro, e o incremento da participación dos seus socios.
Procedemento para a aprobación do novo Regulamento para o Réxime Interior da COMG:
1.- En base ao acordo da Xunta Directiva, sométese o Borrador de Regulamento para o Réxime Interior da COMG, que se adxunta, a exposición pública e participación dos socios por un período de 3 meses, é dicir, ata o 31/12/2015 (inclusive), durante o cal se poderán realizar as achegas e suxestións que se estimen oportunas.
2.- Finalizado o prazo, e recollidas as achegas e suxestións recibidas, elaborarase a proposta de Regulamento para o Réxime Interior da COMG que será sometida a aprobación da Xunta Xeral, previo acordo da Xunta Directiva.
3.- Para a aprobación previa do novo Regulamento para o Réxime Interior da COMG pola Xunta Xeral requirirase unha maioría de dúas terceiras partes dos votos, en base ao artigo 17 do actual Regulamento para o Réxime Interior da COMG, aprobado pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Innovación e Industria mediante resolución de aprobación de 20/08/2007.
4.- En virtude do artigo quinto da Real Orde de 14/10/1921 do Ministerio de Fomento, o Regulamento aprobado previamente pola Xunta Xeral elevarase ao Órgano Tutelar para a súa aprobación definitiva.