A COMG participou no Battery Summit 2021

O pasado 22 e 23 de marzo tivo lugar o Battery Summit 2021. Un evento centrado na importancia das comunidades industriais e científicas españolas e portuguesas para facer fronte ás oportunidades e desafíos emerxentes cara unha nova xeración de baterías.

O congreso, levado a cabo de forma telemática, xirou en torno a cómo as baterías promoverán unha sustentabilidade competitiva a través do seu papel indispensable para alcanza a neutralidade climática para o ano 2050, grazas a que son fundamentais no desenvolvemento do transporte ecolóxico e as enerxías limpas.

Durante o congreso virtual os 37 poñentes e 365 asistentes, entre os que se atopaban a Cámara Oficial Mineira de Galicia e o Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos, puideron interactuar e pór en común propostas e ideas. Miguel Fortúnez Garea, director da COMG, interveu para destacar a necesidade de impulsar unha minaría sostible na Península Ibérica para obter os minerais estratéxicos para a fabricación das baterías, creando así unha cadea de valor lcoal que integre todas as fases do proceso industrial.