Presentacion smartmin tech

A COMG participou na presentación de SmartMin Tech, o proxecto de compra pública innovadora para a industria mineira

A Cámara Oficial Mineira de Galicia participou este venres 6 de outubro na Xornada de Presentación da Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto de Compra Pública Innovadora SmartMin Tech.

Este evento, organizado pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Industria e Innovación, brindou toda a información sobre o proceso de compra pública innovadora (CPI) e sobre o proxecto SmartMin Tech, unha iniciativa de CPI adaptada ás particularidades da industria mineira galega. A meta desta iniciativa é lograr unha xestión máis intelixente e sostible das actividades do sector mantendo a súa aliñación cos obxectivos da Axenda Estratéxica de Impulso da Minería Sostible 2030.

Ademais, durante a xornada explicouse ao detalle o proceso de Consulta Preliminar ao Mercado que xa está en marcha e cuxo obxectivo é detectar as necesidades en materia de I+D+i da minaría galega e que se poderán cubrir grazas a SmartMin Tech.