debate-mineria-sostenible

A COMG participa nun debate sobre minaría sostible na USC

O pasado 5 de febreiro, tivo lugar a charla ‘É posible unha minería sostible?’, enmarcada nos Encontros na Lúa Chea que celebra a USC no campus de Lugo. O espazo galego pertencente á USC, “ Proxéctate en GALEGO”, encárgase de organizar esta serie de encontros informais, onde persoas provenientes de sectores relacionadas con temas de interese ou actualidade universitaria, manteñen conversas e debates construtivos.

Para debater o papel e impacto da minería na actualidade, Diego López González, director da Cámara Oficial Mineira de Galicia, e Adela Figueroa Panisse, bióloga e escritora; puxeron sobre a mesa os seus puntos de vista.

A minaría en Galicia é unha actividade con gran relevancia desde o punto de vista económico, pero que produce certos impactos na contorna, polo que en moitas ocasións, prodúcese un conflito social que sempre se incrementa cando os mineiros queren asentarse na zona.

Por tanto, neste primeiro ‘Encontro de Lúa Chea’ do 2020, Proxéctate quixo empezar preguntándose se a minería está a converterse en Galicia nunha actividade sostible ou polo contrario, se estamos ante un engano mostrado polas industrias para que estas véxanse favorecidas en canto ás súas actividades.

Durante o debate destacaron puntos como a estrita normativa que regula o sector no noso país, unha industria que ademais conta con grandes profesionais que fan uso de modernas técnicas cada vez máis respectuosas co medio. Tanto as administracións como os subsectores mineiros teñen por obxectivo promover o sector non só mediante boas prácticas durante a etapa de explotación e rehabilitación, senón mediante outras potencialidades que ten esta actividade, por exemplo as relacionadas con turismo e patrimonio.