Cursos de formación

A COMG está a desenvolver os cursos de PRL 2022

A Cámara Oficial Mineira de Galicia comezou a pasada semana a impartir os cursos de PRL para 2022 e estenderanse ata o próximo mes de xullo.

Os traballadores das empresas mineiras galegas teñen así a ocasión de actualizar os seus coñecementos e profundar na aprendizaxe sobre prevención de riscos de seguridade, riscos hixiénicos e ergonómicos específicos, entre outras accións de PRL.

Estes cursos de carácter gratuíto enmárcanse dentro das axudas para a prevención de riscos e seguridade mineira no ámbito dunha minería autóctona e sostible da Secretaría de Estado e Enerxía. Os cursos que se están desenvolvendo son:

  • Riscos específicos das cintas transportadoras
  • Outros riscos en establecementos de beneficio
  • Inhalación de sustancias
  • Simulacros de evacuación en caso de emerxencia
  • Primeiros auxilios
  • Traballos de mantemento
  • Traballos eléctricos
  • Usos de equipos de protección individual