23 Xuñ A COMG e o ICOG promocionan o patrimonio mineiro de Galicia
A Cámara Oficial Mineira de Galicia acaba de actualizar a web Patrimonio Geo-Minero de Galicia cos 12 roteiros desenvolvidas o pasado ano polo Ilustre Colexio Oficial de Geólogos ( ICOG) situadas en Maceda, Beariz, Vilanova, Cabo Ortegal, Golfo Ártabro, Ría de Corme e Laxe, Geoparque Montañas do Courel, Praia das Catedrais, Cova de Eirós-Triacastela, Guitiriz, Villa de Cruces e Arbo.
O colexio profesional editou estes roteiros para difundir a xeoloxía do territorio galego e promover a minería en Galicia a través da mellora dos seus valores patrimoniais.
Agora a COMG impulsa o coñecemento destes lugares a través da súa web de Patrimonio, onde ademais poden atoparse outros moitos espazos de interese turístico nas catro provincias, con roteiros todos eles destacan por unha xeoloxía, un pasado mineiro e uns valores paisaxísticos especiais.