Logo GAIN

A COMG e GAIN celebran este venres a xornada ‘Axudas para pemes’

A Cámara Oficial Mineira de Galicia organiza xunto coa Axencia Galega de Innovación (GAIN) unha xornada na que se presentarán as axudas que a axencia publicou recentemente e que están destinadas a impulsar a actividade das pequenas e medianas empresas galegas.

O encontro celebrarase de maneira telemática vía Zoom o vindeiro venres 29 de abril ás 09:00h. e durante o que intervirán varios membros do GAIN para presentar as liñas de axuda máis importantes, os seus beneficios e a forma de acceder a elas, seguindo o seguinte programa:

  • 09:00 – PRESENTACIÓN DA XORNADA
  • 09:10 – CONVOCATORIA INNOVA PEME – Elena Polo
  • 09:30 – CONVOCATORIA DESEÑA PEME – Patricia López
  • 09:50 – CONVOCATORIA IFI INNOVA – Carlos Vaamonde
  • 10:10 – RONDA DE PREGUNTAS
  • 10:30 – FIN DA XORNADA

É posible seguir a xornada a través do seguinte ligazón.