20 Xul A COMG congratúlase polos premios de desenvolvemento sustentable concedidos a empresas galegas
A Cámara Oficial Mineira de Galicia congratúlase pola concesión do Premio Nacional de Desenvolvemento Sustentable da Federación de Áridos, na categoría de boas prácticas ambientais, ás areneras de Erimsa no concello lucense de Begonte. Trátase dun espazo mineiro que a entidade cameral utiliza tamén a miúdo como un dos exemplos de recuperación ambiental no territorio galego.
Xunto con Erimsa, o centro de traballo en Xove da empresa Prebetong Áridos resultou merecedor do segundo premio na categoría Seguridade e Social, polo seu excelente labor no campo da Seguridade e a Saúde.
Con estes premios nacionais a Federación de Áridos busca promover o desenvolvemento sustentable e a conservación da biodiversidade nas diferentes etapas do proceso da produción de áridos, así como fomentar o compromiso coa contorna social e coas xeracións futuras.
A Cámara Oficial Mineira de Galicia desexa felicitar publicamente o traballo destas dúas empresas membro da entidade e agradecerlles que sitúen minaríaa galega como referente de boas prácticas e sustentabilidade. Convén destacar que o caso de Erimsa foi seleccionado de entre catorce candidaturas e supón a súa designación para optar aos premios da Union Européenne deas Producteurs de Granulats ( UEPG) no 2016, nos que compiten explotacións de toda Europa