17 Dec A COMG celebrou o webinar ‘Minaría Sostible. Obradoiro de implantación da UNE 22480 2/2’
O pasado 15 de decembro, a Cámara Oficial Mineira de Galicia celebrou o webinar ‘Minería Sostible. Obradoiro de implantación da UNE 22480 2/2’.
Tratouse dun obradoiro de formación online gratuíto no que se explicaron os beneficios e os pasos da implantación das normas de Xestión de Minaría Sostible UNE 22480:2019 e UNE 22470:2019, e que contou cos testemuños das empresas que se embarcaron este ano na implantación da norma e que han finalizado ou están a finalizar o proceso.
Trátase do último webinar dentro do ciclo de xornadas online impulsadas pola COMG, coa colaboración da Xunta de Galicia. Un total de 3 obradoiros online dirixidos a técnicos e profesionais do sector mineiro co obxectivo de impartir coñecementos sobre técnicas de minaría sostible.
A xornada comezou coa intervención de Lucía Álvarez, xefa do Servizo de Xestión Mineira, da subdirección xeral de recursos Minerales da Xunta de Galicia.
Pola súa banda, Juan José López Muñoz, presidente da COMG, fixo unha retrospectiva das accións de sustentabilidade levadas a cabo durante o ano 2021 e presentou o novo aplicativo web ‘Ferramenta de autodiagnóstico da viabilidade da implantación das normas UNE 22480 e 22470’.
Miguel Ángel Fortúnez, director da COMG, presentou a nova web do Catastro Mineiro de Galicia e as súas novas funcionalidades.
O proceso de certificación da UNE 22480
Os asistentes puideron saber máis sobre o proceso de certificación da Norma UNE 22480 a través da intervención de Pepa Maio, representante de AENOR, e mediante unha mesa redonda na que participaron representantes das empresas que xa obtiveron a certificación, como Refractarios Campo; ou que están a finalizar o proceso. Entre estas últimas: Cobre San Rafael, Cerámica Campo, Minera de Rocas, Canteras de Richinol, Canteras del Arenal, Prebetong Lugo; que compartiron as súas experiencias nunha mesa redonda moderada por Luisa Álvarez Zaragoza, xerente de Pedra Enxeñería.