casos-exito-restauraciones

A COMG celebrará o webinar ‘Minaría Sostible. Casos de éxito de restauracións’

O próximo 17 de novembro a Cámara Oficial Mineira de Galicia organizará a través de Minaría Sostible de Galicia unha xornada online centrada en exemplos de boas prácticas en materia de restauracións mineiras.

‘Minaría Sostible. Casos de éxito de restauracións mineiras’ arrincará ás 9:30 horas e contará coa intervención de profesionais do sector mineiro que interviñeron nalgunhas das restauracións galegas máis importantes dos últimos anos.

Este obradoiro online contará con experiencias en todos os subsectores da minaría galega (canteiras de granito, áridos e lousa; explotacións de arxila, de minerais industriais e de metais, entre outros). Abrirase ademais quenda de preguntas para que os asistentes resolvan todas as súas dúbidas.

‘Minaría Sostible. Casos de éxito de restauracións mineiras’ é o segundo dos 3 webinars que se celebrarán a longo deste último trimestre do ano.

Podes inscribirche nesta páxina.