Webinar COMG

A COMG celebra o webinar ‘Minaría Sostible. Obradoiro de implantación da UNE 22480. 2/2’

A Cámara Oficial Mineira de Galicia organiza a través de Minaría Sostible de Galicia o webinar ‘Minaría Sostible. Obradoiro de implantación da UNE 22480 2/2’ o vindeiro mércores 15 de decembro.

Trátase dun obradoiro de formación online gratuíto no que se explicarán os beneficios e os pasos da implantación das certificacións de Xestión de Minaría Sostible UNE 22480:2019 e UNE 22470:2019, que contará cos testemuños das empresas que se embarcaron este ano na implantación da norma e que están a finalizar o proceso.

Trátase do último webinar dentro do ciclo de xornadas online impulsadas pola COMG, coa colaboración da Xunta de Galicia. Un total de 3 obradoiros online dirixidos a técnicos e profesionais do sector mineiro co obxectivo de impartir coñecementos sobre técnicas de minaría sostible.

Podes inscribirte aquí

Programa:

– 9:30 Apertura para asistentes.

– 9:35 Miguel Fortúnez, director da COMG – Presentación.

– 9:40 DIRECCIÓN XERAL DE PLANIFICACIÓN ENERXÉTICA E RECURSOS NATURAIS, XUNTA DE GALICIA.

– 9:50 Juan José López, presidente da COMG – Un ano de compromiso coa sustentabilidade e presentación do aplicativo ‘Ferramenta de autodiagnóstico para a viabilidade de implantación das normas UNE 22480 e 22470’.

– 10:20 AENOR – Proceso de certificación da 22480.

– 10:45 Mesa redonda de empresas que están a finalizar o proceso de implantación.

– 12:00 Preguntas para as empresas.

– 12:15 Miguel Fortúnez, COMG – Presentación da nova web do Catastro Mineiro de Galicia e novas funcións.

– 12:30 Fin do webinar