feuga-comg

A Cámara Oficial Mineira de Galicia convértese en membro do Patronato de FEUGA

O pasado 27 de xuño, aprobouse no padroado de FEUGA (Fundación Empresa Universidade Galega) a entrada da Cámara Oficial Mineira de Galicia como patrón de número. Esta colaboración permitiralle á COMG tratar de forma directa con máis de 50 grupos de investigación das tres universidades galegas para poder levar a cabo diferentes proxectos.

Este acordo proporcionará á COMG outros beneficios relacionados coa formación, a innovación e a captación de talento. Por unha banda, FEUGA actuará como oficina técnica facilitando a realización de proxectos de I+D+i que poidan ser presentados aos diferentes instrumentos de financiamento.

No ámbito educativo, tras a elaboración dun estudo de necesidades formativas, FEUGA pode proporcionar diversos servizos como o deseño de plans formativos ou a xestión integral de actividades.

Ademais, FEUGA creará un portal de emprego para impulsar a captación de talento na industria mineira. Esta plataforma estará conectada coa web da COMG, e será o equipo de FEUGA o encargado de recibir as candidaturas espontáneas e a xestión da base de datos de currículos recibidos.