Firma COMG y O Touro

A Cámara Oficial de Galicia e a Asociación de Traballadores Mineiros de Touro e O Pino asinan un acordo para promover a minería sostible

A  COMG e a Asociación de  Traballadores  Mineiros de Touro e O Pino alcanzaron un acordo de colaboración para defender a dignidade da industria e do sector mineiro como profesión, especialmente na zona de Touro e O Pino, comarca cunha importante tradición mineira.

Ambas as entidades defenden o desenvolvemento dunha minería sostible, facendo un aproveitamento racional e eficiente dos recursos, a través da utilización das prácticas máis modernas e respectuosas co medioambiente, sempre en beneficio do conxunto da sociedade.

A  COMG aposta polo impulso dunha actividade mineira responsable que supoñería a xeración de emprego en zonas rurais e a obtención de recursos básicos para o sector manufactureiro.