A Cámara Mineira estrena oficina

A Cámara Oficial Mineira de Galicia trasladou as súas oficinas a unha céntrica rúa da Coruña co obxectivo de facilitarlles aos asociados un local máis accesible. Situada ata o momento no polígono coruñés de Matogrande, o ente cameral abriu hai poucos días as novas instalacións no entresollado esquerdo do edificio número 33-35 da rúa Juan Flórez.
A Camará seguirá prestando os servizos habituais aos seus socios nesta nova dirección, no que mantén o número de teléfono (981 139 663) e fax (981 139 664). O cambio de domicilio da Cámara Oficial Mineira de Galicia enmárcase na súa aposta polo achegamento da sociedade ao sector mineiro.
Así, a estas novas oficinas máis accesibles, grazas á céntrica rúa que as acolle e aos numerosos aparcadoiros da zona, súmaselle a recente renovación da web www.camaraminera.org co obxectivo de potenciar o coñecemento dun sector que representa aproximadamente o 1,5 por cento do Produto Interior Bruto Galego.
Deste xeito, entidade que preside Francisco Aréchaga, facilítalles servizos presenciais e on- line de información ao empresariado mineiro galego, a todas as entidades e organismos vinculados á actividade extractiva e, en xeral, ás persoas que desexen coñecer máis sobre minaríaa en Galicia.