junta-ordinaria-marzo-2020-1 (2) (1)

A Asamblea Ordinaria da COMG aprázase polo coronavirus

Debido ás indicacións das autoridades para previr o contaxio do coronavirus queda aprazada a celebración da Asemblea en sesión ordinaria da COMG prevista para o próximo 18 de marzo na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

As advertencias de non viaxar e manter a prudencia en reunións en espazos pechados dificultan que a cita se poida desenvolver con normalidade. Mentres tanto, o equipo técnico da COMG está a buscar unha nova data na que a Asemblea Ordinaria se poida levar a cabo sen risco.

Se desexas máis información non dubides en contactar connosco a través do correo electrónico cmg@camaraminera.org.