Asamblea Ordinaria COMG

A Asamblea Ordinaria da Cámara Mineira de Galicia celebrarase o próximo xoves

A Asemblea Ordinaria da COMG celebrarase o 7 de abril, en formato presencial, despois de dous anos de restricións pola pandemia.

Celebrarase no salón de actos do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia (Santiago de Compostela) e teremos o pracer de contar coa apertura da Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Dª Paula Uría Traba.

O encontro dará comezo ás 10:00 horas en primeira convocatoria e ás 10:30 en segunda.

A continuación, tras unha pausa café, terá lugar a xornada técnica ‘A crise enerxética e o sector mineiro’. Onde expertos provenientes do Inega e de Applus+ achegarán claves para afrontar a subida dos prezos da enerxía mediante subvencións, consellos prácticos e plans de autogeneración.

Debido á limitación de aforo será necesaria a confirmación de asistencia a través do formulario desta páxina, na que tamén poderás atopar a orde da Asemblea e o programa da xornada técnica.