dfg y marcelino martinez garantizan valor al granito rosa porriño-min

A alianza entre DFG e Marcelino Martínez garantiza máis valor ao granito rosa porriño

O grupo David Fernández Grande (DFG Natural Stone) e o Grupo Marcelino Martínez (MARMA) asinaron un acordo de colaboración que permite reivindicar e poñer en valor o granito rosa porriño. Dita alianza recuperará o prestixio do material, mellorará a extracción e garantirá a sustentabilidade da produción.

Entre ambas as compañías suman o 85% de capacidade de explotación das seis canteiras explotadas actualmente en Galicia. Este acordo empresarial nace coa forza para poder controlar os límites mínimos de prezo e evitar a depreciación do material para que non siga considerándose unha commodity.

Debido á gran capacidade de DFG e MARMA, os expertos do sector destacan que poden afrontar o reto de dar a coñecer internacionalmente este material.

Esta unión será beneficiosa para aumentar o músculo e a repercusión do sector granitero, un dos principais promotores de exportación en Galicia (con case 450 millóns facturados no exterior durante 2019) e que busca asentarse como motor de cambio económico na comunidade galega.