alberto-novoa-arigal

Arigal elixe a Alberto Novoa como novo presidente

A Asociación Galega de Áridos ( Arigal), reunida de maneira virtual en Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o 1 de decembro, decidiu unha renovación da directiva que, reunida posteriormente en Xunta Directiva Extraordinaria, nomeou a Alberto Novoa como novo presidente.

O novo presidente terá na súa directiva a Andrés Lago como vicepresidente primeiro e a José Lista, que pasa a ser vicepresidente segundo. A renovación da xunta directiva complétase coa entrada de Alberto Martín Calvarro, César Lorente e Fernando Maio, como novos vocais.

Alberto Novoa Rodríguez, que representa a Graveras Castro, conta cunha dilatada experiencia no exercicio da avogacía durante máis de 20 anos, e no asesoramento e xestión de sociedades mineiras de áridos na provincia de Ourense, sendo membro fundador da asociación que agora preside.

O novo presidente explicou na Xunta Directiva que accede ao cargo, “con enorme ilusión por levar ao sector do árido de Galicia onde merece, por loitar pola defensa dos seus intereses e por axilizar os trámites na administración mineira”. Novoa expresou o seu agradecemento ao presidente saínte pola súa implicación en Arigal. José Lista, foi presidente de Arigal entre 0000 e 2013, e entre 2016 e 2020.