As canteiras de lousa de Casaio en Carballeda de Valdeorras, serán protagonistas da última canción da coruñesa Carolina Rubirosa. Esta cantante foi a autora da canción ‘Ou teu camiñar’, tema do vídeo promocional do Camiño Inglés.
A canción ‘Terra de ninguén‘ é a elixida para ser gravada nas canteiras de Casaio. A súa autora Carolina buscaba unha paraxe que ofrecese unha paisaxe descoñecida e peculiar: “É moi bonito. Ten unha serie de texturas e cores que o fan moi plástico”. No videoclip aparecerán nun 95% estas canteiras de lousa e o 5% restante gravarase na Ribeira Sacra, unha forma de poñer en valor e integrar o patrimonio natural e o industrial do sur de Galicia.
Hai uns días a protagonista foi a visitar as canteiras con Iago Vilarinho que, será o encargado da fotografía do videoclip, e o director Xaime Miranda.
Durante o percorrido polas canteiras en busca das localizacións, Carolina foi acompaña polo persoal especializado da Agrupación industrial da Lousa. O videoclip empezarase a gravar a principios do mes de outubro co respaldo da Deputación Provincial. E estímase que vexa a luz a finais dese mesmo mes.
Non é a primeira vez que estas canteiras de lousa son protagonistas nos medios audiovisuais, debido a que, no ano 2014, rodouse nunha delas o anuncio da campaña Volvo Trucks’ s Live Test, no que pode verse a un hámster conducindo nunha explotación de Casaio. Este anuncio recibiu un dos premios de publicidade en Cannes Lions.
Imaxe: La Voz de Galicia