obrero_cantera_pizarra

O sector da lousa en Galicia mantén o mesmo nivel de emprego que a finais de 2019

A pesar da crise provocada pola COVID-19, a cal obrigou a pechar canteiras e a deter a produción e comercialización galega, o sector da lousa mantén a todos os empregados. Segundo destaca o Clúster da Pizarra de Galicia as cifras de actividade deste sector atópanse aproximadamente en 2.400 postos de traballo directos, un dato idéntico ao que se rexistrou a finais do ano 2019. As produtoras galegas de roca que move a economía valdeorresa exportan aproximadamente o 60% do total nacional do sector.

Cabe lembrar que as empresas que engloban o sector da lousa suspenderon a actividade produtiva o 24 de marzo, como consecuencia da crise mencionada anteriormente, optando a gran maioría pola solicitude do Expediente de Regulación Temporal de Empresas (ERTE) por causa de forza maior. Posteriormente foi a principios de maio cando as canteiras foron recuperando a actividade, incorporando progresivamente a todos os seus traballadores.

Ningunha das empresas de lousa integradas no Clúster mantén activo un ERTE, isto implica que se este sector está a traballar con ‘normalidade’ tendo en conta todas as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias.

 

Fonte imaxe: A voz de Galicia