09 Feb O IGAPE publica as axudas para a internacionalización das empresas galegas
O Clúster do Granito fíxose eco da publicación das axudas do IGAPE para a internacionalización das empresas galegas IG230 – Acciones de promoción exterior de las empresas gallegas (Galicia exporta empresas) para este 2020. Polo tanto, será unha excelente oportunidade para que o granito se dá a conocer fóra das fronteiras galegas, aínda máis se cabe.
O prazo de presentación remata o 30/03/2020 e financia ata un 70% de diversas actividades pertencentes aos anos 2020 e 2021, mostradas a continuación:
Accións dirixidas a promocionar:
- Participación en feiras e outros eventos expositivos que teñan lugar fóra de España (con stand), incluído no calendario de feiras internacionais.
- Visitas do estranxeiro á sede da empresa de Galicia dos clientes así como distribuidores, importadores, soportes etc.
Accións baseadas na difusión:
- Campañas publicitarias difundidas no estranxeiro en diferentes medios como prensa, revistas, televisión etc.
- Elaboración de material promocional para distribuír en diferentes mercados exteriores.
Accións de sondaxe nos mercados internacionais:
- Desenvolvemento de clientes no exterior.
- Axendas de reunións.
- Búsqueda da consolidación empresarial mediante o seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores no estranxeiro.
En canto á xestión das axudas, cabe destacar que as empresas interesadas poden contar coa axuda do Clúster del Granito, que pode levar a cabo todo o proceso, desde a solicitude, o seguimento, resposta aos requisitos e xustificación final ata o cobro desta subvención.