01 Out A COMG xa forma parte da Rede Ibérica de Espazos Xeolóxicos
Dende o pasado 28 de agosto, a Cámara Oficial Mineira de Galicia é membro da Rede Ibérica de Espazos Xeolóxicos como coordinador da comunidade galega.
A Rede Ibérica de Espazos Xeolóxicos, nacida en 2017 e promovida por SIGMADOT (Sociedade Internacional de Xeoloxía e Minería para o Desenvolvemento e Xestión do Territorio), é unha organización que ten como obxectivo establecer un tecido de coordinación aberto a todos os territorios da Península Ibérica que loitan pola conservación do patrimonio xeolóxico e mineiro e polo seu aproveitamento social.
O COMG uniuse a esta rede para continuar a desenvolver unha das súas principais funcións: a posta en valor do patrimonio xeolóxico e mineiro de Galicia.