tejas-verea-sostenible

Tejas Verea inviste en facer os seus procesos más eficientes e sostibles

Tejas Verea incorporou ás súas instalacións na fábrica de Lanzá (Mesía, A Coruña) un novo muíño de arxila con capacidade para realizar unha moenda cun tamaño de gran moi fino. Este laminador aumentará a calidade das tellas reducindo a absorción de auga, aumentando a súa resistencia e mellorando o seu acabado.

Esta tecnoloxía, que supuxo un investimento de 600.000 euros, enmárcase dentro das melloras do proceso das tres liñas de produción previstas para o próximo ano e que forman o Plan de investimentos 2019-2020 que ascende a 2,5 millóns de euros. O obxectivo deste plan é seguir mellorando as prácticas para aumentar a calidade das tellas.

Na actualidade, a fábrica de Mesía ten unha capacidade de produción de 50 millóns de tellas ao ano e emprega a 60 persoas.

Así mesmo, Verea leva anos traballando para minimizar o impacto ambiental, aplicando tecnoloxías que reducen o consumo de enerxía e a pegada de carbono, contando desde hai máis de 15 anos cun plan de redución de emisións que logrou reducir a cero as emisións de CO2 derivadas da electricidade. En 2015, a compañía converteuse no primeiro fabricante de tellas en inscribirse no Rexistro ‘Registro de Huella de Carbono, Compensación y proyectos de Absorción de CO2’ do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Por outra banda, as liñas de produción só consumen electricidade de fontes renovables e para reducir as emisións directas producidas en fornos e secadores investíronse máis de 150.000 euros, aumentando a reutilización e illamento de enerxía.